Arranca o Programa experiencial de formación de emprego nos montes periurbanos de Vigo

O pasado 19 de maio botou a andar o Programa experiencial de formación e emprego "Traballos forestais nos montes periurbanos de Vigo" coa participación de 15 alumnos e alumnas que xa contan co certificado de profesionalidade de peón forestal e teñen interese en afondar nas súas competencias en montes periurbanos, que teñen unhas características diferenciais asociada a súa vocación de uso social. Ademais afondarase nos traballos de prevención de incendios e de traballos asociados con erradicación de plantas exóticas invasoras.
O programa conta coa subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e ten unha duración prevista de 9 meses, ata febreiro de 2027. Durante este tempo, aparte da formación teórico-práctica prevista, desenvolveránse traballos en 11 comunidades de montes membros da Mancomunidade de Montes de Vigo.
