Programa experiencial de formación e emprego 2026: proceso selección

1. INTRODUCIÓN

A Mancomunidade de Montes de Vigo (en diante, Montes de Vigo) asinou un Convenio coa Consellería de Emprego para a execución do Programa experiencia de formación e emprego denominado "Traballos forestais os montes periurbanos de Vigo" a celebrar durante o período maio 2026 e febreiro 2027.

En virtude ao establecido no citado convenio procede a convocatoria pública para a selección do alumnado-traballador a contratar sobre as Bases reguladoras que se atopan no seguinte ENLACE.

2. LISTADO DAS PERSOAS CANDIDATAS PARA A FASE 1 PROBA PRÁCTICA

O día 14 de maio, as 9:00 iniciase o proceso de selección de alumnado-traballador para o Programa experiencia de formación e emprego. Preséntase 15 candidaturas e unha vez revisada a documentación presentada a Comisión de selección decide admitir ás 15 candidaturas e publicar a Lista das persoas candidatas para a Fase 1 Proba práctica, que se reproduce de seguido:

Segundo as Bases Reguladoras do proceso de selección, de seguido terá lugar a Fase 1 Proba práctica. Ao final da mesma, e unha vez avaliada a misma, publicarase o Listado de persoas que superan a Fase 1 Proba práctica para pasar á Fase 2 Entrevista persoal.

3. LISTADO DAS PERSOAS ADMITIDAS QUE SUPERAN A FASE 1 PROBA PRÁCTICA

Realizada a Proba práctica, o Órgano de selección realiza a valoración das persoas candidatas admitidas determinando o Listado de persoas que superan a proba práctica e a súa puntuación:

4. LISTADO DA VALORACIÓN DA FASE 2 ENTREVISTA PERSOAL

Realizada a Entrevista Persoal, o Órgano de selección realiza a valoración das persoas candidatas determinando a seguinte puntuación:

5. LISTADO DA VALORACIÓN DA FASE 3 MÉRITOS

A partir da documentación presentada polas 15 candidaturas admitidas, o Órgano de selección realiza a valoración de méritos segundo a seguinte puntuación:

O Presidente informa de que unha vez publicadas as puntuacións mencionadas nos puntos anteriores, ábrese un período de alegacións á valoración de méritos por este Órgano de selección que durará ata o xoves 14 de maio, ás 9:00 horas.

O Órgano de selección reunirase o día 14 de maio, as 9:00 horas, para analizar as citadas alegacións, de habelas, e tomar a decisión final do proceso de selección, sendonese momento cando se elaboren a Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no Programa experiencial de formación e emprego como traballadores/as beneficiarios/as do proxecto e a Lista de reserva.

No caso de que non se produzan alegacións, darase por finalizado o proceso de selección coacordado nesta sesión.

6. LISTADO DA SELECCIÓN FINAL

O venres 15 de maio, non habendo alegacións, o Órgano de selección acorda a Lista definitiva de persoas candidatas admitidas para participar no Programa experiencial de formación e emprego como alumnado-traballador do Programa experiencial de formación e emprego. Non hai lista de agarda