Rastrexo medioambiental "Vigolandia25" nos montes de Cabral
15/2/2026

Os 25 participantes agrupados en familias seguiron as pistas distribuídas a longo do monte de Cabral situado na parte traseira do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo). O obxectivo era identificar pegadas e restos de fauna que habita nos montes de Vigo.
Tamén houbo tempo para realizar distintos xogos e en definitiva pasar un momento agradable en compañía de una nutrida representación de gañadores do XVII Certame de Pintura Vigolandia'25, promovido polo IFEVI.

Esta actividade forma parte do "Programa de educación ambiental e dinamización social" promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coas 14 comunidades de montes membro no marco de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".