Revista e Video final Montes de Vigo 2046

A Mancomunidade de Montes de Vigo en agrupación coa Universidade de Vigo densenvolveu o proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" ao longo de 2024 e 2025. Durante este tempo houbo vagar para para estudar a realidade dos montes veciñais en man común de Vigo, particularmente no tócante aos servizos ecositémicos que ofrece á sociedade de Vigo, e plantexarse como enfocar o futuro no horizonte de 2046.
Foron moitas horas de traballo, reflexión e debate que se resumen en dous recursos divulgativos, un vídeo e unha revista, que consideramos axudan a comprender a conclusión final recollida na portada desta última: "Por un pacto coa sociedade viguesa". Agardamos que vos resulten de utilidade e quedamos á vosa disposición para encamiñarnos cara o destino marcado.
REVISTA* "MONTES DE VIGO 2046" (nº 7, decembro 2025)
VIDEO* "MONTES DE VIGO 2046" (Resume do proxecto)
O proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” executouse entre 2024 e 2025 e conta co apoio da Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
* O idioma empregado en ambos casos é o castelán por motivos de facilitar a transferencia do proxecto fóra de Galicia