Rutas e actividades para as familias na X Andaina polos montes de Vigo o 11 de maio

A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski promove a X Andaina polos dos montes de Vigo que terá erá lugar o domingo 11 de maio, pola mañá no Parque Forestal do Vixiador (localización Google Maps)
Obxectivo: dar a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal do Vixiador, na Comunidade de Montes de Candeán. Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que O Vixiador é unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis frecuentes.
Inscrición: no 010 (986810260 dende móbil): ata o venres 9 de maio, as 13 horas.
Rutas para familias nas que inscribirse: Peque-ruta (2km aprox) ou Ruta curta (6km aprox)
Hora de rexistro no PF Vixiador: 11:00 para iniciar as rutas as 11:30. Aos participantes agasallarase cunha camiseta e un kit de abastecemento cortesía de Vegalsa-Eroski.
Actividades complementarias: Exposicións con stands informativos e Actividades Infantis con rastrexo, tiro con arco, xogos populares, etc.