Sesión dobre na Aula micolóxica de Beade: cultivo micolóxico e saída de primavera

Momento da explicación práctica do cultivo micolóxico

Na mañá do sábado 23 tivo lugar dobre sesión: por unha banda, a formación sobre cultivo micolóxico prevista, e por outra banda, a saída micolóxica aprazada por dúas veces debido á climatoloxía adversa.

Na primeira parte da mañá poidose facer unha aproximación práctica ao cultivo micolóxico a partir da explicación por parte da docente de MycoGalicia Plantae. O grupo participante viu en detalle os pasos a seguir. Posteriormente fíxose unha práctica de micorrización sobre o terreo

Momento da explicación da micorrización

Na segunda parte da mañá houbo ocasión de realizar unha saída micolóxica de primavera, na que se poido comprobar como había menos cogomelos que fai un ano por estas datas. En todo caso deu xogo para facer identificación e iniciarse na Natusfera coa Rede INaturalist (ver AYUDA)

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

Carga dunha imaxe en INaturalist para incorporar no proxecto de Couto de Beade

Tamén houbo algunha sorpresa digna de recoller: