Únete á II Andaina do Maúxo contra o cancro

O vindeiro 16 de xuño tes a oportunidade de coñecer os montes de Vigo, particularmente os montes de Coruxo, Oia e Saiáns, cos seus parques forestais, os seus miradoiros e os seus sendeiros. Ao mesmo tempo colaboras nunha causa solidaria a prol da Asociación Española contra el Cáncer que está a promover o reto de conquerir o 70% de supervivencia do cancro no 2030 a través da investigación oncolóxica.

Vistas do Alto da Bandeira na IX Andaina polos montes de Vigo

A Andaina sairá dende Fragoselo-Coruxo e subirá ao Parque Forestal de Coruxo, dirixíndose logo acara os montes de Oia e Saiáns, para volver logo pola Senda panorámica de Vigo (GR-53) ata Fragoselo, tal e como se recolle no trazado definido pola organización e que está recollido no Regulamento da proba (AQUI)

Inscrición na II Andaina do Maúxo contra o Cancro: AQUI