Valladares celebra Asemblea e aborda a autoprotección da parroquia

Asemblea da Comunidade de Montes de Valladares

A Comunidade de Montes de Valladares celebrou no día de hoxe unha Asemblea na que entre outros temas se escolleu Xunta Reitora -logo do fallecemento de Gregorio, o último presidente- e, abordouse o tema da autoprotección da parroquia, na liña do que se ven facendo nas distintas parroquias.

Neste caso, a experiencia vivida en outubro de 2017 aínda se ten moi presente na medida en que máis do 85% da comunidade de montes ardeu, a rexeneración do monte é lenta, e a veciñanza viviu unha situación de risco moi alto no que as infraestructuras para atender o incendio forestal fallaron trepidosamente. Por tal motivo, revisar o que se leva avanzado e buscar solucións de protección dende a base resultan pertinentes.

Charla divulgativa impartida pola Mancomunidade de Montes de Vigo

Tal e como explicou Ana Pérez, a Presidenta do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, este tema lévase pelexando dende 2018, pero non se lograron avances e vendo o que está a acontecer cómpre retomalo necesariamente buscando autoorganización da parroquia e implicación das autoridades competentes.

Monte do Alba despois dos lumes de outubro de 2017