XI Andaina polos montes de Vigo: 650 vigueses e viguesas nos montes de Zamáns, Beade e Bembrive

 A celebración da XI Andaina polos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que 650 participantes circularan polos sendeiros locais de Zamáns, Beade e Bembrive, nas distintas andainas programadas. Ver Reportaxe fotográfica AQUI

Ao inicio a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal de Zamáns e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo. Particularmente fixo fincapé nos sendeiros locais que agora van a formar parte da rede de sendeiros azuis, así como a gran cantidade de actividades que se realizan todas as fins de semana nos parques forestais dos montes de Vigo.

Participantes na Andaina curta e na Pequerruta

Participantes na Andaina media

Participantes na Andaina longa

Na presentación dos percorridos tamén estivo presente o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González que propuxo aos participantes coñecer de preto os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes que circunda Vigo e, neste caso, as que van dende Bembrive ata Zamáns. Particularmente sinalou como miles de persoas se benefician cada fin de semana dos espazos recreativos, do mesmo xeito que esta fin de semana ten lugar nos montes da Comunidade de Montes de Zamáns. Tamén agradeceu ao presidente da mesma, tamén presente, polo incondicional apoio ofrecido, xunto cos voluntarios de Beade, Matamá, Saiáns e Zamáns, así como ao persoal de montes de Vigo, sen quen sería posible realizar esta Andaina. Por último lembrou a colaboración que Vegalsa-Eroski realiza en todas as Andainas.

Ao longo da mañá puxéronse de manifesto os servizos ecosistémicos que proporcionan os montes de Vigo á cidade, particularmente os servizos recreativos -con parques forestais, sendeiros, espazos de interpretación etnoarquelóxica, etc-, a provisión hídrica -cos regatos, cos mananciais, coas minas, etc- e a captación de CO2 que se produce tanto nos montes productivos como nos montes protectores que se distribúen polos montes de Vigo.


A climatoloxía acompañou durante toda a mañá para facer as catro andainas previstas con distintas distancias -entre 1,5 e 20km- e con diversos niveis de dificultade -baixa, media, alta e moi alta-. Entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de novemta anos, póndose de manifesto que o exercicio físico no monte é apto para todas as idades e todas as intensidades.

Os xogos familiares completaron a XI Andaina polos Montes de Vigo no que participaron máis de 250 persoas con cativas e cativos de distintas idades.