Convocada a Xornada de Clausura de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" para o 10 de decembro no Edificio de Redeiras

A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo presenta á sociedade viguesa e aos axentes implicados na xestión e dinamización do monte veciñal en man común de Vigo e Galicia as conclusións do proxecto “Montesde Vigo 2046: montes veciñais en valor”.A Xornada de Clausura terá lugar o próximo 10 de decembro, entre 18 e 20:30 horas, no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo (Rúa da Ribeira do Berbés, 11, Vigo).

Programa e Inscricións AQUI

Localización Edificio Redeiras da UVigo AQUI

No programa da xornada está previsto que se presenten as conclusións dos distintos grupos de traballo que participaron no proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".Na primeira parte participaran os equipos de investigación de Bioloxía Ambiental e de Economía Aplicada (Grupo GEN), que abordaran as conclusións da identificación e valorización dos servizos ecosistémicos estudados nos montes de Vigo: servizos recreativos e culturais, a calidade e cantidade de auga e a absorción de CO2.

Na segunda parte participaran os responsables da formulación da estratexia de posta en valor dos citados servizos ecosistémicos nos montes periurbanos de Vigo. Os técnicos de Selga e de MycoGalicia Plantae formularán as liñas de actuación dirixidas á sustentabilidade deste patrimonio natural nun entorno urbano.

Rematarase a sesión co resumo das principais conclusións do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" e a invitación á colaboración da sociedade viguesa no mesmo.

O proxecto, que técnicamente se denomina “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, executouse entre 2024 e 2025 e conta co apoio da Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.