Xornada de Teambuilding con Votorantim Cimentos nos montes de Saiáns

Eliminación de rebrotes de acacia negra no monte de Saiáns realizado na xornada de voluntariado

20 traballadores de Votorantim Cimentos da sede en Vigo participaron nunha xornada de sensibilización e erradicación de acacia negra en colaboración con Montes de Vigo.

Ao longo da mañán houbo ocasión de coñecer as comunidades de montes de Vigo, os servizos ecosistémicos que proporcional e o proceso de transformación paulatina destes montes periurbanos sobre a base da experiencia da Comunidade de Montes de Saiáns.

Momento de retirada dun exemplar de acacia negra

Particularmente deuse a coñecer a loita contra a acacia negra, que supón un gran esforzo en controlar una especie exótica invasora que só a base de constante traballo e substitución por especies frondosas é posible eliminala. Neste senso, houbo unha experiencia de erradicación de rebrotes na que se comprobou a estratexia reticular de expansión que fai tan dificil atacala.

Ao final da mañá houbo un momento para gozar do Parque Forestal de Saiáns e tomarse un refrixerio.

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationE