A Mancomunidade de Montes de Vigo elixe Xunta Executiva para os vindeiros catro anos

O venres 20 de febreiro de 2026 celebrouse a Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo na que se escolleu a Xunta Executiva para o período 2026-2029, sendo reelexido como Presidente Uxío González (CM.Saiáns).
No equipo directivo forman parte Moises Durán (CM.Candeán, Vicepresidente), Antonio de Dios (CM. Matamá, Secretario), Emilio Saco (CM Beade, Tesoureiro), Gregorio Álvarez (CM Valladares), Tania Ulloa (CM. Beade) e José Antonio Domínguez (Pucho) (CM.Lavadores).
Na Asamblea asumiuse o reto de botar a andar o plan estratéxico resultante do estudo e planificación realizado no proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" financiado pola Fundación Biodiversidade. O primeiro paso que se está a dar é a creación da Fundación "Montes de Vigo 2046", aprobándose na asemblea os seus estatutos e os primeiro pasos para a súa constitución, así como os pasos a dar para implicar a axentes institucionais e privados na mesma.
Tamén se marcaron as lineas de traballo para o exercicio 2026, tanto no tócante á Área de Silvicultura e Servizos Ecosistémicos como na Área de Uso Social do Monte.