Amig@s dos montes de Vigo

O Club "Amig@s dos montes de Vigo" é unha iniciativa promovida pola Mancomunidade de Montes de Vigo que busca achegar a cidadanía viguesa ao conxunto dos montes de Vigo, e que agrupa as 13 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (Beade, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Oia, Saiáns, Teis, Valladares e Zamáns) e a Entidade Local Menor de Bembrive.

Para inscribirse no Club "Amig@s dos montes de Vigo" podese facer mediante este FORMULARIO

As actividades que se promoven no Club "Amig@s dos montes de Vigo" consisten en formación, sensibilización e dinamización social, que permiten dar a coñecer a realidade do patrimonio natural e cultural asociado co monte periurbano de Vigo. Entre elas atópanse:

I. Actividades de educación e sensibilización ambiental.

a) Aula micolóxica realizada no período 2024-2025 (ver programación), dentro do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" financiado pola Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

A aula ten previso continuar nos períodos de primavera e de outono publicándose a correspondente programación específica.

Curso básico de micoloxía impartido na Aula Medioambiental de Beade

b) Montes de Vigo na Escola realizada no período 2024-25 co apoio de Vegalsa-Eroski, dirixida a centros educativos de primaria. Ver ENLACE á páxina dedicada.

Ademáis, calquera centro educativo de Vigo pode solicitar unha sesión de formación consistente nunha charla no propio centro e, posteriormente, unha saída a un dos 14 montes de Montes de Vigo. Máis información no 608 046 047 ou en servizos@montesdevigo.org

Actividade co CEIP Josefa Alonso nos montes de Matamá

c) Actividades de sensibilización con colectivos e empresas. Trátase de sesións de achegamento aos distintos montes de Vigo a demanda do colectivo ou empresa realizada. Máis información no 608 046 047 ou en servizos@montesdevigo.org

A modo de exemplo, durante 2025 realizaronse saídas co Clube de viaxeiras dos Centros Sociocomunitarios de Vigo (ver nova), con ENOR (ver nova), con Votorantim Cimentos (ver nova) e con Grupo Pereira (ver nova)

Saída micolóxica co Grupo Pereira nos montes de Saiáns

II. Actividades de dinamización social.

A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza distintas actividades para sentir os montes de Vigo, algunhas das cales xa teñen unha longa traxectoria. As máis destacadas son:

a) Andaina polos montes de Vigo, en colaboración coa Concellería de Medioambiente de Vigo e Vegalsa-Eroski. Xa vai pola X edición e e vai percorrendo as distintas comunidades de montes de Vigo para difundir o seu patrimonio natural e ao mesmo tempo dar a coñecer os sendeiros locais distribuídos por 9 comunidades. Neste ENLACE temos o resumo da última edición realizada nos montes de Cabral e Candeán.

Saída do Percorrido Longo da Andaina no Parque Forestal do Vixiador (Candeán)

b) Trail Montes de Vigo, co patrocinio da Concellería de Deportes de Vigo, a Deputación de Pontevedra e Vegalsa-Eroski. Neste caso vai pola IX edición e consiste nunha actividade deportiva que se desenvolve fundamentalmente nos distintos montes de Vigo, con versión Trail Longa e Trail Curta. Neste ENLACE temos o resumo da última edición realizada nos montes de Zamáns e de Beade, aparte de achegarse aos montes de Gondomar.

Saída da Trail Curta no Parque Forestal de Beade

c) Paseos polos distintos montes de Vigo. En 2025 programáronse tres actividades durante o verán (ver programación), dentro do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" financiado pola Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.